Curso de Monitor/a de Tempo Libre 2021 (verán)

INSCRÍBETE

A Escola de Tempo Libre Don Bosco de Santiago de Compostela convoca un novo curso de monitor/a de tempo  libre de forma intensiva a realizar dende finais de xuño ata finais de xullo de 2021

Requisitos

  • Ter cumplidos os 18 anos no inicio do curso
  • Ter rematado a Ensinanza Secundaria Obrigatoria

Datas da parte teórica:

  • Xuño: 28, 29, 30

  • Xullo: 1, 2, 5, 6, 8, 9, 10, 12, 13, 14, 15, 16, 19, 20, 21, 22, 23

O curso desenvolverase de forma dual: con parte presencial e parte online

Horarios:

  • As sesións presenciais serán de 9:00 a 14:00 e/ou de 16:00 a 21:00.
  • As sesións online impartiranse cos seguintes criterios:
    • Videochamadas grupais de asistencia obrigatoria a realizar entre as 9:00 e as 14.00 e/ou de 16:00 a 21:00.
    • Traballos e tarefas na aula virtual

Equipo necesario para as sesións online:

Será necesario dispoñer de dispositivo con conexión a internet, cámara e micrófono para a asistencia ás videochamadas grupais.

Matrícula: (PRAZAS CUBERTAS - FORMULARIO SÓ DISPÑIBLE PARA LISTA DE ESPERA)

Para realizar a inscrición hai dúas opcións: 

  1. Cubrindo o Formulario Curso Monitor/a de Tempo Libre
  2. Achegándose á ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela.

Para garantir a reserva da praza é preciso realizar coma mínimo o ingreso de 75€. Esta cantidade se reembolsará no caso da non realización do curso.

No momento de facer a inscrición é necesario presentar o dni, o xustificante de pagamento(no caso de facelo por transferencia) e foto actual.

Forma de pago

Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:

  1. Ingresando no número de conta de La Caixa ES59 2100 2186 9802 0012 5132 indicando no concepto o nome do participante.
  2. Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)

Total prazas:

  • 25 alumnos

Prezo:

  • 250€ .Tasas de expedición de título non incluídas.

O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.

Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

*O curso pode incluír: 12 horas de curso de manipulación de alimentos (formación on-line)

A participación no curso da dereito a solicitude de 3 créditos optativos ECTS para todas as titulacións na USC.

Respetaremos todas as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias para que o curso sexa completamente seguro. 

 

Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
CD Belvís
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
CD Belvís
Espazo Lúdico Papaventos
Shadow