Curso de Monitor/a de Tempo Libre 2021 (outono)

INSCRÍBETE

A Escola de Tempo Libre Don Bosco de Santiago de Compostela convoca un novo curso de monitor/a de tempo libre a realizar durante as fins de semana dende mediados de setembro a mediados de decembro de 2021

Requisitos

  • Ter cumplidos os 18 anos no inicio do curso
  • Ter rematado a Ensinanza Secundaria Obrigatoria

Datas da parte teórica:

  • Setembro: 18, 19, 25 e 26
  • Outubro: 2, 3, 16, 17, 23, 24, 30 e 31
  • Novembro: 6, 7, 20, 21, 27 e 28
  • Decembro: 11 e 12

A maioría do curso desenvolverase de forma presencial. Unha pequena porcentaxe das horas do curso realizarase de forma online que poderían aumentar si a situación sanitaria así o requerira.

Horarios:

  • As sesións realizaranse en horarios de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
  • As sesións online impartiranse cos seguintes criterios:
    • Videochamadas grupais de asistencia obrigatoria a realizar entre as 9:00 e as 14.00 e/ou de 16:00 a 21:00.
    • Traballos e tarefas na aula virtual

Equipo necesario para as sesións online:

Será necesario dispoñer de dispositivo con conexión a internet, cámara e micrófono para a asistencia ás videochamadas grupais.

 

Matrícula:

Para realizar a inscrición hai dúas opcións: FORMULARIO SÓ DISPOÑIBLE PARA LISTA DE ESPERA!

  1. Cubrindo o Formulario Curso Monitor/a de Tempo Libre
  2. Achegándose á ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela.

Para garantir a reserva da praza é preciso realizar coma mínimo o ingreso de 75€. Esta cantidade se reembolsará no caso da non realización do curso por falta de incrición mínima. Non se reembolsará cando un alumno/a e baixa do curso e non o comunica cunha antelación mínima de 10 días antes do incio do mesmo.

No momento de facer a inscrición é necesario presentar o dni, o xustificante de pagamento(no caso de facelo por transferencia) e foto actual.

Forma de pago

Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:

  1. Ingresando no número de conta de La Caixa ES59 2100 2186 9802 0012 5132 indicando no concepto o nome do participante.
  2. Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)

Total prazas:

  • 25 alumnos

Prezo:

  • 250€ .Tasas de expedición de título non incluídas.

O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.

Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

*O curso pode incluír: 12 horas de curso de manipulación de alimentos (formación on-line)

A participación no curso da dereito a solicitude de 3 créditos optativos ECTS para todas as titulacións na USC.

Respetaremos todas as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias para que o curso sexa completamente seguro. 

 

Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
CD Belvís
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow