Curso de Monitor/a de Tempo Libre 2023 (verán)

INSCRÍBETE

Convocamos un novo curso de monitor/a de tempo libre que realizaremos na Escola de Tempo Libre Don Bosco de Santiago de Compostela en formato intensivo, dende o 26 de xuño ao 21 de xullo de 2023.

Requisitos

  • Ter cumplidos os 18 anos no inicio do curso 
  • Ter rematado a Ensinanza Secundaria Obrigatoria

Datas da parte teórica:

  • Xuño: 26, 27, 28, 29 e 30
  • Xullo: 3, 4, 6, 7 e 8
              10, 11, 12, 13 e 14
              17, 18, 19, 20 e 21

O curso desenvolverase de forma presencial apoiado con ferramentas dixitais para a realización de tarefas e documentación.

Horarios:

  • As sesións realizaranse en horarios de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
  • As sesións online impartiranse cos seguintes criterios:
    • Videochamadas grupais de asistencia obrigatoria a realizar entre as 9:00 e as 14.00 e/ou de 16:00 a 21:00.
    • Traballos e tarefas na aula virtual

Matrícula:  PRAZAS CUBERTAS: INSCRICIÓN EN MODO LISTA DE ESPERA!!!!

Para realizar a inscrición hai dúas opcións: 

  1. Cubrindo o Formulario de Inscrición Curso de Monitor/a de Tempo Libre
  2. Achegándose á ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela.

Para garantir a reserva da praza é preciso realizar coma mínimo o ingreso de 75€. Esta cantidade se reembolsará no caso da non realización do curso por falta de incrición mínima. Non se reembolsará cando un alumno/a e baixa do curso e non o comunica cunha antelación mínima de 10 días antes do incio do mesmo.

No momento de facer a inscrición é necesario presentar o dni, o xustificante de pagamento(no caso de facelo por transferencia) e foto actual.

Forma de pago

Para realizar o pagamento existen tres posibilidades:  

  1. Ingresando no número de conta de La Caixa ES59 2100 2186 9802 0012 5132 indicando no concepto o nome do participante.
  2. Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)
  3. Accedendo á pasarela de pagamento virtual (tarxeta ou bizum)

Total prazas:

  • 25 alumnos

Prezo:

  • 250€ .Tasas de expedición de título non incluídas.

O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.

Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

*O curso pode incluír: 12 horas de curso de manipulación de alimentos (formación on-line)

A participación no curso da dereito a solicitude de 3 créditos optativos ECTS para todas as titulacións na USC.

 

 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow