Curso de Monitor/a de Tempo Libre - Características

O curso de monitor de Tempo Libre consta de dúas fases,a fase teórico práctica e a fase de prácticas.

Requisitos:

  • Ser maior de 18 anos.
  • Estar en posesión dos estudios mínimos  obrigatorios.

A fase Teórico práctica

 Ten unha duración de 200 horas, organizadas en 20 xornadas de 10 horas cada unha, correspondentes polo xeral a unha asignatura do plano de estudios entregado en folla aparte.

Avaliación:  

  1. A asistencia: aqueles alumnos que deixen de asistir a máis de 40 horas, perden automaticamente a matrícula, e son considerados non aptos. As faltas  débense xustificar.
  2. As observacións do profesorado e do coordinador do curso.
  3. A elaboración e entrega dos traballos esixidos polos profesores e dun caderno de traballo final, nos prazos establecidos.

En caso de non recibir ningunha notificación o remate do curso e dos prazos de entrega, quere dicir que non hai problemas e sodes aptos.

A fase de prácticas

Ten dúas modalidades de realización:

  1. 14 días de actividade intensa nunha actividade ó aire libre (campamentos colonias,...) en bloques non inferiores a 3 días 
  2. 150 horas en actividades cunha entidade que traballe no eido da educación no tempo libre.

Responderán a un proxecto elaborado polo alumno e realizado nas súas fases de infraestructura, organización, execución e avaliación, dirixido a uns destinatarios concretos. Será necesaria a existencia dun responsable de prácticas designado pola entidade receptora.

En caso de non ter onde poder realizala, a Escola buscará as practicas a aqueles alumnos que o soliciten.

Tedes dous anos de prazo para realiza-las.

Avaliación

O alumno - a deberá entregar:

  1. Previa á realización, unha programación das prácticas, que describa en que van a consistir. Deberá conter os elementos básicos de toda intervención educativa planificada.
  2. Unha ver rematada a práctica, unha memoria de elaboración propia e individual, que conteña unha síntese da experiencia nas diferentes actividades, as vosas valoracións individuais e grupais. 
  3. Xunto coa memoria, un informe de quen exercera de director desa actividade. 
 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow