Este pasado luns (16/11/20) comezaron as obras na rúa dos Concheiros levando consigo restriccións no tráfico dese mismo vial e do seu entorno.
Actulmente só se permite a circulación por Concheiros en sentido saída cara á avenida de Lugo, polo que o sentido de entrada desde Rodríguez de Viguri non está habilitado. Ademais, a Corredoria das Fraguas, de dirección única, cambiou o sentido de circulación, sendo agora de subida desde a Avenida Quiroga Palacios.
Debido a esto o acceso ao Centro Don Bosco dende a Avenida de Lugo pasaría por subir polo Camiño da Ameixaga (detrás do Seminario Menor), incorporarse á Avenida de Quiroga Palacios para logo subir pola rúa de Bispo Teodomiro (dirección Centro Sociocultural da Trisca) e xa na Corredoria das Fraguas xirar, á altura do parque da Trisca, hacia a rúa do Campo de San Antonio e seguir as indicacións de dirección.