Bosco Nadal 2021

INSCRÍBETE

O Centro Don Bosco realizará durante o periodo vacacional do Nadal actividades infantís para nenos e nenas de 4 a 14 anos e xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos, durante as mañás do 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2021 e do 3, 4, 5 e 7 de xaneiro de 2022. Actividades educativas apropiadas para pasar mellor o Nadal: obradoiros, actividades musicais, xogos... en grupo e acompañados permanentemente por monitores.

Seguireos mantendo as medidas de prevención e precaución que recomenden as autoridades sanitarias, sen perder a nosa esencia e facendo, coma cada ano, que os rapaces e rapazas gocen dun tempo de lecer de calidade. As nosas actividades  continuarán  tendo un enfoque lúdico-educativo, porque queremos seguir convivindo e aprendendo a través do xogo, pero sempre con seguridade.

  1. ACTIVIDES DE NADAL
    1. MAÑÁS INFANTÍS - ( 4 a 8 anos)
    2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO - ( 8 a 14 anos)
    3. MAÑÁS XUVENÍS - (14 a 17 anos)
  2. SERVIZOS
  3. INSCRICIÓN
  4. A TER EN CONTA

ACTIVIDADES DE NADAL

Haberá programas diferentes en función dos grupos de idade, con monitores diferentes, con espazos separados  e con preferencia en actividades ao aire libre. As actividades desenvolveranse nas instalación, patios, canchas deportivas e zonas verdes do Centro Don Bosco e na programación contemplamos saídas puntuais en pequenos grupos a parques ou zonas da cidade próximas as instalacións.

1. MAÑÁS INFANTÍS INSCRÍBETE

  • Para rapazas e rapaces 4 a 8 anos (nacidos entre 2017 e 2013)

2. MAÑÁS PRIMARIA E ESO INSCRÍBETE

  • Actividades para rapaces e rapazas 8 a 14 anos (nacidos entre 2012 e 2007)

3. MAÑÁS XUVENÍS INSCRÍBETE

  • Actividades para rapaces e rapazas de 14 a 17 anos (nacidos entre 2006 e 2004)

Datas:

  • Completo: 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2021 e do 3, 4, 5 e 7 de xaneiro de 2022
  • Quenda 1 - NADAL: 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2021
  • Quenda 2- ANO NOVO: 3, 4, 5 e 7 de xaneiro de 2022

Horarios:

  • Actividades: de 9:00 a 14:00. Entradas de 9:00 a 10:00 e saídas de 13:30 a 14:00.
  • Madrugadores: de 7:45 a 9:00
  • Atención ao mediodía: de 14:00 a 15:00

Cuotas

 ACTIVIDADES BOSCO NADAL - (4 a 17 anos)

Non Socios

Socios

Actividade completa

95 €

75 €

Quenda 1 – NADAL (decembro – 8 días)

70 €

50 €

Quenda 2 – ANO NOVO (xaneiro - 4 días )

40 €

30 €

  • Desconto por irmáns: 5€ por cada un, 3€ no caso dos socios, no total da actividade. Non aplicable a quendas soltas.


SERVIZOS

Madrugadores: de 7.45 a 9.00 (este ano non serviremos almorzos).

Atención ao mediodía: de 14:00 a 15.00 (non podemos ofrecer o servizo de comedor habitual, pero os nenos/as poderán traer algo que poidan consumir de modo individual e que non precise ser quentado).

 

Prezos:

SERVIZOS BOSCO NADAL

Madrugadores SEN almorzo

Atención mediodía

Actividade completa

25 €

25 €

Quenda 1 (decembro - 8 días)

18 €

18 €

Quenda 2 (xaneiro - 4 días )

9 €

9 €


INSCRICIÓN

  • Online (Recomendado): cubrindo o noso Formulario Inscrición Bosco Nadal
  • Presencial: no Centro Don Bosco, na rúa Belvís 2, Santiago de Compostela, en horario de 9:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:00, de luns a venres.
  • Prazas limitadas e inscricións ata completar aforos en todos os programas.

Para formalizar a inscrición será necesario e imprescindible presentar a seguinte documentación:

  • Copia da tarxeta sanitaria do/a participante.
  • Copia do DNI do pai, nai ou titor
  • Copia do DNI das persoas autorizadas a recoller ao participante
  • Xustificante de pagamento de, como mínimo, a metade da couta.

Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:

  1. Ingresando no número de conta do na conta da ETL Don Bosco no Banco Santader ES56 0075 8916 5206 0031 4739 indicando no concepto o nome do participante.
  2. Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)

 

A TER EN CONTA

Os/as socios/as son aqueles que participaron nalgunha das actividades do centro ao longo do curso 2020-2021 (CD Belvís, GS Khanhiwara, Espazo Lúdico, +Q Apoio Escolar)

En todas as actividades se realiza un descanso no que os/as participantes podan merendar, por iso os nenos e nenas deberán traer unha merenda e unha botella de auga. Este ano non se poden compartir os alimentos así que cada neno/a deberá traelo de forma individual. Non teremos posto de venda na cafetería, polo que será obrigatorio traer algo de merenda e deixar o diñeiro na casa.

Para os nenos/as do grupo de pequenos que veñen este ano por primeira vez a actividade é obrigatorio traer o primeiro día unha muda para que quede no centro.

Todos os participantes deberán traer na súa mochila unha gorra. Agradecemos que a roupa dos/as nenos/as veña marcada.

Medidas e normas de bo funcionamento para as familias neste nadal:

O primeiro día de actividade será preciso traer asinada unha declaración responsable na que se acepten as condicións de participación e as obrigas de información e consentemento informado que se pedirán este ano para participar nas actividades de tempo libre infantril e xuvenil.

Para entregar ou recoller aos participantes só poderá entrar no recinto unha persoa por familia e o uso da mascarilla será obrigatorio.

Todos os participantes deberán traer na súa mochilas unha mascarilla: recomendado nos menores de 6 anos e obrigatorio para todos os demáis.

 

 

 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow