Mañá no Bosco (11 de outubro)

INSCRÍBETE

O 11 de outubro teremos unha xornada, para facilitar a conciliación familiar, na que coma sempre crearemos un tempo de lecer rico e de calidade, cun enfoque lúdico e educativo, porque queremos seguir aprendendo e interiorizando a través do xogo e das actividades os valores da convivencia, do compañeirismo, da ledicia, da cooperación, e a igualdade.

Horario:

Actividade de Mañá de 9:00h a 14:00. Entrada entre as 9:00 e as 10:00 e recollida de 13:30 a 14:00

Servizos:

  • Servizo de madrugadores de 7.45 a 9.00 (non servimos almorzos).
  • Atención ao mediodía de 14:00 a 15.15  (os/as nenos/as poderán traer algo que poidan consumir de modo individual e que non precise ser quentado).

Prezos

 

MADRUGADORES

ACTIVIDADE

ATENCIÓN MEDIODÍA

SOCIO

2

9

2

NON SOCIO

3

12

3

Inscrición:

  • Online (Recomendado): cubrindo o noso Formulario Inscrición de Mañá no Bosco Outubro
  • Presencial: no Centro Don Bosco, na rúa Belvís 2, Santiago de Compostela, en horario de 10 a 13 horas e de 17 a 19, de luns a venres.
  • Prazas limitadas e inscricións ata completar aforos.

Para formalizar a inscrición será necesario e imprescindible presentar a seguinte documentación:

  • Copia da tarxeta sanitaria do/a participante.
  • Copia do DNI do pai, nai ou titor
  • Copia do DNI das persoas autorizadas a recoller ao participante
  • Xustificante de pagamento de, como mínimo, a metade da couta.

Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:

  1. Ingresando no número de conta do Centro Don Bosco en Abanca ES05 2080 0300 84 3040109663 indicando no concepto o nome do participante.
  2. Achegándose a ETL Don Bosco na rúa Belvís 2 en Santiago de Compostela (en efectivo ou tarxeta)

 Nota: as actividades de Tardes no Bosco (apoio escolar e espazo lúdico) terán lugar ese luns no seu horario habitual.

 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow