Máis Que Apoio Escolar

No Centro Don Bosco realizase o programa  de apoio escolar destinado a escolares de Primaria, ESO e Ensino postobrigatorio. O programa, que funcionará de 16.30 a 20.00, de luns a venres inclúe:

Sesións de Reforzo Escolar nas disitintas áreas académicas en grupos reducidos e homoxéneos, cun máximo de 6 persoas, con personal titulado en pedagoxía ou psicopedagoxía. Todos os días de luns a venres de 16.30 a 20.00. Programas de 2, 3, 4 ou 5 horas semanais.

Espazo aberto de aprendizaxe e estudo asistido con monitores pensado para estudo persoal e realización de tarefas escolares, con material de consulta: libros e posibilidade de busca en Internet. Todos os días de luns a venres de 17.00 a 20.00. Programas de 5 horas semanais.

Curso de Técnicas de Estudo, para un máximo de 10 alumnos de ESO por grupo,  pensado para que desenvolvan a súa propia estratexia de estudo tras coñecer e traballar diversas metodoloxías. O horario establecerase en función da demanda.

Programa de Necesidades Específicas de Apoio Educativo, dirixido especialmente a rapaces e rapazas con dificultades na aprendizaxe, en sesións individuais ou de grupos  moi reducidos, cun máximo de 3 participantes e con personal titulado en pedagoxía ou psicopedagoxía.  O horario establecerase en función da demanda.

Actividades en lingua estranxeira para todalas idades. Obradoiros en inglés para os maís pequenos e grupos de conversas en inglés para adolescentes e adultos.

Programa de Asesoramento Familiar para pais,nais ou titores co obxectivo de reforzar e mellorar o seu  papel no proceso de aprendizaxe dos nenos e nenas.  O horario establecerase en función da demanda.

Os programas pódense coller xuntos ou por separado. O prezo se establece en función dos programas elixidos, segundo a táboa que está a continuación:

 

PROGRAMA DE REFORZO ESCOLAR

PREZO MES

PREZO MES

PREZO MES

 

PRIMARIA

ESO

POST-OBRIGATORIA

2 horas semana + 5 horas en espazo aberto

50

60

75

3 horas semana + 5 horas en espazo aberto

60

75

85

4 horas semana + 5 horas en espazo aberto

70

85

100

5 horas semana + 5 horas en espazo aberto

85

100

115

 

 

 

 

ESPAZO ABERTO

 

 

 

5 horas semanais

30

30

30

 

 

 

 

TÉCNICAS DE ESTUDO CURSO DE 10 HORAS

MATRÍCULA

 

 

Alumnos/as do programa de reforzo

80

 

 

Resto

100

 

 

 

 

 

 

NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

PREZO

 

 

Unha sesión individual

25

 

 

Unha sesión grupal, máximo de 4 participantes

15

 

 

 

 

 

 

ACTIVIDADE EN INGLÉS

PREZO MES

 

 

Obradoiros para peques

20*

 

 

Grupo de conversas

25

 

 

 

*Non inclúe os gastos de materiais para a realización dos obradoiros

De forma complementaria e gratuíta para os inscritos no programa ofrécese:

  • Servizo de orientación académica-profesional, con atención a consultas individuais.
  • Posibilidade de uso de aula para traballos en grupo, previa reserva.

A inscripción no programa tamén se poderá realizar on-line no seguinte enlace: Formulario Inscrición

Para máis información e para inscribirse, a responsable do programa atenderá persoalmente nas oficininas do centro Don Bosco polas tardes de martes a venres de 16.30 a 20 horas.

 

Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
CD Belvís
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
CD Belvís
Espazo Lúdico Papaventos
Shadow