Solicitude de Títulos

Pasos a seguir para a obtención do título de Monitor/a ou Director/a de actividades de tempo libre e Director/a de campos de traballo:

Unha vez superadas a fase teórica e práctica dun curso oficial de tempo libre, pódese solicitar o título correspondente expedido pola Xunta de Galicia. Para iso hai que cubrir os datos do formulario on-line dispoñible na nosa páxina web e adxuntar o resgardo (necesariamente os MODELOS 730 ou 731) de ter pagada a taxa que esixe a Xunta pola súa expedición. 

Para pagala online ou para obter o impreso oficial que che permite liquidala nunha oficina bancaria pode acceder á seguinte páxina web: OV Tributaria

Se precisa axuda coa páxina das taxas acceda á Guía de axuda pago de taxas

A escola procederá á tramitación do título, unha vez se reciba a petición de expedición  exclusivamente a través do formulario web con toda a documentación precisa adxunta:

  1. Memoria das prácticas (Guía)
  2. Certificado de fin de prácticas firmado polo titor/a das mesmas e co selo da entidade onde se realizaron. Tamén pode estar validado coa firma dixital. (Modelo)
  3. Modelo 730 ou 731 de pago da taxa correspondente.

.

A Xunta de Galicia é a responsable da emisión do título. Mentres dura este trámite, a Escola de Tempo Libre poderá expedir, a petición do/a interesado/a, un certificado de ter superado o curso. O certificado se enviará en pdf por correo electrónico. O alumno/a poderá pasar a recoller o orixinal nas instalación da escola ou poderá solicitar que se lle remita asumindo os gastos de envío.

Cando a Escola reciba o título emitido pola Xunta, enviará un correo electrónico para avisar. O/A alumno/a poderá pasar a recoller o orixinal nas instalación da escola ou poderá solicitar que se lle envíe asumindo os gastos de envío.
Este mesmo procedemento vale para solicitar o duplicado dun título xa expedido.

 

Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
CD Belvís
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
CD Belvís
Espazo Lúdico Papaventos
Shadow