Voluntariado no centro

O Voluntariado son aquelas accións que de maneira altruista e sen esperar nada a cambio son desempeñadas por individuos que brindan un servizo a unha comunidade.

Gustariache colaborar como voluntario ou voluntaria no noso centro?

En que actividades ou campañas podo colaborar?

  • Máis Que Apoio Escolar: Reforzo escolar para estudantes de Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato e programas psicopedagóxicos de atención individualizada. Entre 16.30 e 20.30 de luns a venres.
  • Espazo Lúdico Papaventos: para rapaces e rapazas a partir dos 4 anos (3 se están escolarizados): xogos, animación á lectura, obradoiros, psicomotricidade, etc. De 17.00 a 20.00 de luns a venres.
  • Clube de Baloncesto, CD Bosco: con participación en competición oficial na categoría de minibasket (nados e nadas do 2007/2008). Os adestramentos son habitualmente os luns de 17.30 a 19:00 e os partidos de competición os sábados pola mañá.
  • Clube de Fútbol, CD Belvís: que participa nas competicións oficiais da Federación Galega nas categorías de modestos (máis de 18 anos), xuvenil (16-18) e cadetes (14-15). Equipos de Fútbol Sala nas categorías infantil (12-13), alevín (10-11), benxamín (8-9) e biberón (5-7). Dende cadetes para abaixo todos os equipos son mixtos.
  • Grupo Scout Khanhiwara: oferta actividades para rapaces e rapazas de 8 e 19 anos, organizados por idades. O seu calendario desenvólvese no curso escolar e o horario habitual da actividade é os sábados de 12 a 14 horas.
  • Campamento Urbano
  • Campañas Solidarias:
    • Operación Quilo:campaña de recollida de alimentos e útiles de hixiene durante para a campaña de Nadal.
    • Campaña de Sensibilización: para mozas e mozos de colexios do entorino de Santiago de Compostela (a partires de febreiro)
  • Eventos (Festas de María Auxiliadora, Magosto, Festas de Don Bosco, ...)

 

Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
CD Belvís
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
CD Belvís
Espazo Lúdico Papaventos
Shadow