Englobadas nas actividades da Operación Quilo 2020, dende o Centro Don Bosco, en colaboración co equipo de esports Kings Dragon, realizaremos o 5 de decembro unhas partidas Solidarias de eSports, concordando co Día Internacional do Voluntariado, no que o obxetivo é pasar un bo rato e xogar sen ningunha aspiración competitiva, simplemente polo feito de pasar un bo rato e compartir un momento de xogo online entre todas aquelas persoas que queiran participar.
Os xogos serán Fornite, League of Legends, Valorant e Among Us
Os equipos serán aleatorios, polo que non fai falla ter equipo, simplemente ter ganas de vir e pasar un bo rato, e nós faremos os equipos entre as persoas inscritas.
Doacións
A doación a aportar é de 2€ por persoa e xogo ou 5€ toda a xornada, que deberá ser abonado na plataforma de crowfunding colaborativa que a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia ten habilitada para a Operación Quilo e da acceso a todas as partidas nos diferentes xogos do sábado.
Inscrición
Para a inscrición será necesario cubrir o Formulario Inscrición no que se incluirá o resgardo de aboamento da donación
Data e horarios:
5 de decembro
- 17:00 – Fornite
- 18:00 – League of Legends
- 19:00 – Valorant
- 20:00 – Among Us