Guía Inscrición evento solidario Operación Quilo

Para inscribirte nos torneos ou nas partidas solidarias e preciso realizar dúas tarefas, realizar a doación e cubrir o formulario de inscrición.

Para cubrir o formulario de inscrición:

  1. Acceder ao Formulario Inscrición Eventos Solidarios eSports Operación Quilo
  2. Cubrir os datos solicitados
  3. Seleccionar si queremos participar nas "Partidas Solidarias" e ou nos "Torneos Solidarios" (a través do mesmo formulario é posible inscribirse a ambas)
  4. Seleccionar os xogos nos que participaremos
  5. No apartado “Xustificante de doazón” do formulario adxuntamos o documento ou imaxe (a través dunha captura de pantalla, por exemplo) que xustifique o pago da doación previamente realizado.
  6. Aceptar os termos e condicións e premer enviar

A forma de realizar a doación(previa realización á inscripción nos esports) é:

  • Acceder á plataforma de crowfunding colaborativa que a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia ten habilitada para a Operación Quilo
  • Indicar a cantidade que desexamos donar e dámoslle a seguinte”. (nesta mesma pantalla podes, de forma opcional, incluir un comentario ou indicar que a túa donación aparezca como anónima)
  • A seguinte pantalla solicita que nos indentifiquemos, podendo facelo de 3 formas:
    • "Xa son Usuario": Se xa somos usuarios/as (se xa temos doado algunha vez) introducimos o noso correo e contrasinal;
    • "Novo usuario": danos a opción de rexistrarnos indicando o noso nome, apelidos, correo electrónico e contrasinal.
    • "Donación Rápida": No caso de non estar rexistrados/as, e non querer facelo, pódese optar por esta opción. Teremos que proporcionar un nome ou alias e un correo electrónico.
  • O seguinte paso permitenos seleccionar o medio de pagamento, a escoller entre pago con tarxeta ou PayPal, así como os ítems de aceptación dos termos e condicións, e pulsar "seguinte"
  • No último paso indicaremos os datos da forma de pago seleccionada e pulsaremos "Donar"
 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow