Código de conduta para a protección da infancia e persoas vulnerables

O Centro Don Bosco pertence á Casa Salesiana de Santiago de Compostela e, como tal, forma parte da Inspectoría Salesiana “Santiago o Maior”, da Congregación Salesiana, que agrupa un conxunto de obras educativas, estendidas polas Comunidades Autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, A Rioxa, Navarra, Castela e León, Madrid e Castela a Mancha.

A maior parte dos destinatarios das nosas actividades son nenos, nenas e adolescentes, todos eles menores de idade. Nos nosos ambientes pode haber tamén adultos en situación de vulnerabilidade, persoas que, por razóns de discapacidade, enfermidade ou polo contexto no que se atopan, son ou poden ser incapaces de protexerse a si mesmas de potenciais danos ou situacións de explotación.

O sistema salesiano desde o que educamos é o denominado Sistema Preventivo de Don Bosco. Este sistema desenvolvémolo mediante:

-a presenza de cada educador con cada educando, desde a proximidade, o coñecemento e o respecto;

-a oferta dun ambiente educativo amplo, rico de propostas, que se configura como unha contorna segura para o menor.

A nosa política é, desde o noso propio carisma educativo, a de protección e coidado dos menores. Todos os educadores, salesianos ou segrares, da nosa Casa están chamados a desenvolver este sistema para a promoción integral dos nenos, nenas, mozos e mozas que as familias nos teñen confiado.

Desde este espírito preventivo, ofrecemos o Código de Conduta, co que todos os educadores, educadoras e todas as persoas que poidan estar en contacto con menores e adultos vulnerables se comprometen para garantirlles un espazo seguro, un trato digno e un ambiente positivo de crecemento persoal integral.

O devandito código se fixa tamén como norma reguladora das posibles infraccións á nosa política de protección e de creación de contornas seguras e establécese como CANLE DE COMUNICACIÓN o correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ao que poder acudir para cuestións referentes a este tema.

 

DESCARGA CÓDIGO DE CONDUTA 

 

 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow