Quenes Somos?

O Centro Don Bosco nace en Compostela no ano 1978 pensando na mocidade da cidade e no seu tempo libre coma unha entidade coa vocación de prestar un servizo a comunidade. Proxectado polos salesianos dende unha opción por unha educación transformadora acorde co compromiso cristián activo, ten como misión favorecer o asociacionismo, a formación de educadores no tempo libre, o voluntariado, a participación xuvenil e ofertar un amplo programa de tempo libre educativo para a xente máis nova. Como proxecto integral de animación infantil e xuvenil, o centro quere ser unha “casa”, un lugar de encontro que dá abeiro a múltiples  entidades e servizos que se complementan nas súas propostas.

Dúas asociacións principais aglutinan os programas e servizos: o Centro Xuvenil Don Bosco e a Escola de Tempo Libre Don Bosco. Ademais, o centro é a sede de entidades como o Grupo Scout Khanhiwara, o CD Belvís de fútbol e o CD Bosco de baloncesto.

Dende abril de 2018 acolle tamén á Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia.

 

Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
CD Belvís
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
CD Belvís
Espazo Lúdico Papaventos
Shadow