Quenes Somos?

O Centro Don Bosco nace en Compostela no ano 1978 pensando na mocidade da cidade e no seu tempo libre coma unha entidade coa vocación de prestar un servizo a comunidade. Proxectado polos salesianos dende unha opción por unha educación transformadora acorde co compromiso cristián activo, ten como misión favorecer o asociacionismo, a formación de educadores no tempo libre, o voluntariado, a participación xuvenil e ofertar un amplo programa de tempo libre educativo para a xente máis nova. Como proxecto integral de animación infantil e xuvenil, o centro quere ser unha “casa”, un lugar de encontro que dá abeiro a múltiples  entidades e servizos que se complementan nas súas propostas.

Dúas asociacións principais aglutinan os programas e servizos: o Centro Xuvenil Don Bosco e a Escola de Tempo Libre Don Bosco. Ademais, o centro é a sede de entidades como o Grupo Scout Khanhiwara e o CD Bosco de baloncesto.

Dende abril de 2018 acolle tamén á Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia.

 

 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow