Traballo con menores en risco de exclusión social

O meu proxecto tivo lugar nunha organización chamada Gigos, na cidade de Genk (Bélxica). A organización traballa con nenos e adolescentes en risco de exclusión social e principalmente en torno a 3 obxectivos: A inserción laboral (mais enfocada aos adolescentes maiores), a linguaxe (tanto a forma de comunicarse como de expresarse) e que os nenos poidan descubrir os seus talentos. Estes 3 obxectivos búscanse a través de todas as distintas actividades que realizamos (Circo, Deportes, Cociña, Música, Charlas educativas...)

Ademais tiven a oportunidade de participar noutro proxecto chamado Zinneke, un desfile que realizan cada 2 anos en Bruxelas para celebrar a diversidade cultural da cidade. Debido ao Corona virus o desfile cancelouse aínda que seguimos traballando no proxecto co obxectivo de poder algún dia realizar algunha especie de representación para mostrar o traballo realizado. É un proxecto mais artístico onde tivemos que construír unha especia de carroza, facer os nosos propios disfraces, aprender aos nenos a desfilar en zancos, e tamén realizar unha representación artística sobre o tema dende Zinneke poñen cada ano (este ano era o “lobo”)

LUGAR DE REALIZACIÓN:  Genk (Bélxica)

DATA DE REALIZACIÓN: 09/09/19 – 07/09/20

VOLUNTARIO: Carlos Moure

previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow
Slider