Solidarity - built to last

O meu traballo durante a miña estancia en Cracovia foi realizada nun xardín de infancia. A cada un dos voluntarios do meu Kindergarten nº38 (neste caso eramos 3) se nos asignou unha clase, no meu caso, os nenos da miña clase eran de 4 años. Realizabamos tarefas como:

  • Axuda ás mestras e ás asistentes tanto dentro da aula como fora(p.ex): recortar, cambiar a decoración da clase, grabar videos para os pais, repartir as comidas, dar de comer aos nenos, cambiar aos nenos cando se manchaban, axudarlles coas actividades, sair con eles ao patio, xogar con eles, etc..
  • Preparar actividades: pensar, organizar e levar a cabo actividades ideadas por nós coma obradoiros, bailes, cancións, clases de español, a vez que había días especiais (Navidade, Día da Nai, do Pai, Entroido, …) polo que tamén preparabamos actividades relacionadas coa temática, pero nunca preparabamos as leccións, eso era siempre por parte das mestras

LUGAR DE REALIZACIÓN:  Cracovia, Polonia

DATA DE REALIZACIÓN: 09/10/2020 – 30/06/2021

VOLUNTARIO: Ana Latorre

 

 

 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow