EVS for Disability in Castel Goffredo

O proxecto EVS for Disability in Castel Goffredo, de 9 meses de duración, ten como obxectivo a inclusión de dous voluntarios europeos no funcionamento interno do centro Bucaneve, cuxos usuarios son adultos de diversas idades cun grado de discapacidade intelectual, polo xeral, grave ou moi grave, onde se atopaban presentes persoas con diversos síndromes ou trastornos: síndrome de Down, Trastorno do Espectro Autista, dano cerebral, etc.

O centro, con arredor de 35 usuarios, conta con dous servizos: por unha parte, un centro diúrno, e por outra, unha comunidade-aloxo, na que 8 dos usuarios permanecen a tempo completo no centro.

O noso horario, variable, pero cun mínimo de 35 horas semanais (7 horas ao día de luns a venres) consistía na colaboración tanto no centro diúrno como na comunidade-aloxo (se ben, no meu caso, traballei maiormente no primeiro), sendo a nosa labor moi diverso: recollida dos usuarios no seu domicilio particular, axuda nas diversas actividades levadas a cabo cós usuarios (laboratorio de reciclaxe, actividades deportivas como judo, piscina ou petanca; paseos, ir ao mercado, estimulación sensorial, etc.), facéndose un total de duas actividades por día; axuda á hora de comer a aquelas persoas que a precisasen, apoio para a mobilidade daqueles usuarios cunha mobilidade máis reducida, levalos de volta a casa...

LUGAR DE REALIZACIÓN: Bucaneve Società Cooperativa Sociale – Onlus, Castel Goffredo (Italia)

DATA DE REALIZACIÓN: 10/01/2018 - 10/10/2018

VOLUNTARIO: Roque Rey

 
Máis Que Apoio Escolar
Grupo Scout Khanhiwara
CD Bosco
Espazo Lúdico Papaventos
previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Shadow