Tendo en conta que mañá é o día da nai e as tendas están pechadas, propoñémosvos a seguinte idea como regalo súper orixinal e feito por nós mesmos na casa para as nosas nais.
Materiais:
- Candea
- Servilletas con deseño
- Pegamento (cola branca)
Pasos a seguir:
- Separamos as capas da servilleta ata quedar só coa que ten o diseño.
- Recortala ata que quede aproximadamente do tamaño necesario para poder rodear o lateral da candea.
- Botamos cola branca polo lateral da candea
- Pegamos a servilleta ao redor da candea.
- Botamos outra capa de cola branca pola servilleta para evitar que se rompa e darlle brillo.
No seguinte vídeo ven todo explicado paso por paso: