PROXECTOS DE ACOLLIDA CES



A ETL Don Bosco participa de forma activa na recepción de voluntarios e voluntarias procedentes de toda a xeografía europea que participan en Proxectos de Voluntariado do Corpo Europeo de Solidariedade, xa que funciona tanto como entidade acollida para as actividades propias do centro, como de entidade de apoio á coordinación para outras entidades locais.
Desta forma non só a mocidade europea se nutre dunha experiencia moi enriquecedora si non que moitas máis entidades locais se ven enriquecidas polo valor añadido de contar con xente moza procedente de outros paises que poden aportar un punto de vista cultural diferente.
Si tes entre 18 e 30 anos e estás interesado en vivir unha experiencia de voluntariado fóra do teu país de residencia, aquí en Santiago de Compostela, esta pode ser a túa oportunidade.
Como participar nun proxecto de voluntariado CES en Santiago de Compostela?
2º
Infórmate sobre as entidades coordinadas dende a ETL Don Bosco
O centro Don Bosco conta con dúas entidades principais: a Escola de Tempo Libre Don Bosco, enfocada a actividades formativas no ámbito social e no tempo de lecer, e o Centro Xuvenil Don Bosco, que conta cunha oferta completa e global de actividades, que ten como obxectivo principal educar en valores a través do tempo de lecer aos nenos e nenas e mozos do barrio, da cidade e das zonas máis próximas.
Localización: Belvís 2, Santiago de Compostela, España
A Asociación Recreativa Cultural Os Tilos naceu no barrio “Os Tilos”, no Concello de Teo, A Coruña. É un punto de información actualizada sobre os distintos servizos e prestacións municipais e un lugar de encontro para os veciños da urbanización, e máis preto de zonas onde poder participar nas actividades, proxectos e actividades de conciliación familiar programadas.
Localización: Rúa Ameneiro, número 8 (baixos parroquiais), 15894 Os Tilos – Teo (A Coruña)
A rede de Centros Socioculturais (CSC), tamén denominados Centros Cívicos, do Concello de Santiago de Compostela conta con máis de 40 centros arredor dos barrios da cidade e do rural, proporcionando diversas actividades para toda a cidadanía.
Os voluntarios colaborarán nalgún dos centros situado nun dos barrios da cidade de Santiago (Castiñeiriño, Conxo, Ensanche, Fontiñas, Santa Marta ou Vite).
Localizacións:
Semente Compostela é unha escola sen ánimo de lucro, cunha pedagoxía transformadora ao servizo dos intereses populares. Pretende ser, como comunidade educativa, parte activa dunha sociedade diversa e en movemento e traballar co resto de colectivos locais e internacionais pola xustiza social no mundo.
O proxecto educativo compostelán ofrece a posibilidade de escolarizar aos nenos e nenas de 2 a 12 anos (en infantil e primaria) nun colexio homologado polo goberno galego e acreditado pola NEASC (New England Association of Schools and Colleges).
Localización: Moas Abaixo, 20, 15898 Santiago de Compostela, A Coruña

