VOLUNTARIADO NO CENTRO
O Voluntariado son aquelas accións que de maneira altruista e sen esperar nada a cambio son desempeñadas por individuos que brindan un servizo a unha comunidade.
Gustaríache colaborar como voluntario ou voluntaria no noso centro?
En que actividades ou campañas podo colaborar?
- Máis Que Apoio Escolar: Reforzo escolar para estudantes de Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato e programas psicopedagóxicos de atención individualizada. Entre 16.30 e 20.30 de luns a venres.
- Espazo Lúdico Papaventos: para rapaces e rapazas a partir dos 4 anos (3 se están escolarizados): xogos, animación á lectura, obradoiros, psicomotricidade, etc. De 17.00 a 20.00 de luns a venres.
- Grupo Scout Khanhiwara: oferta actividades para rapaces e rapazas de 8 e 19 anos, organizados por idades. O seu calendario desenvólvese no curso escolar e o horario habitual da actividade é os sábados de 12 a 14 horas.
- Campamento Urbano:Campamento realizado con voluntariado, que facilita o acceso a ocio educativa a familias sen recursos. Realizase a primeira quincena de Agosto en horario de 8:30 a 14:30. Ademáis realízanse dúas excursión de todo o día.
- Campañas Solidarias:
- Operación Quilo: campaña de recollida de alimentos e útiles de hixiene durante para a campaña de Nadal.
- Campaña de Sensibilización: para mozas e mozos de colexios do entorino de Santiago de Compostela (a partires de febreiro).
- Eventos (Festas de María Auxiliadora, Magosto, Festas de Don Bosco, …).